martes, 18 de febrero de 2014

O Atléltico Arousana prosegue a súa escalada

Con só 13 xogadoras desprazadas polas súas numerosas baixas por lesión e por enfermidade, e con Paula González compretando os últimos 40 minutos do partido co dedo dun pé roto, o Atlético Arousana prolongou o pasado domingo no campo do Gijón FF a súa recuperación.
Ante un rival directo ao que agora supera na táboa empatados a 21 puntos, o cadro vilagarcián conseguíu impoñerse nun duelo do máis igualado, encadeando o seu tercer triunfo e sumando 10 dos últimos 12 puntos disputados no Grupo 1 da Segunda Nacional feminina española.
O Gijón adiantouse no minuto 2 nun cabezazo ao primeiro pao mentres o seu rival reclamaba que o balón saira no centro un metro do campo. Cun fútbol a ras de chan o Arousana atopouse cunha guerra de guerriñas fronte ao balompé directo do seu anfitrión, sen moita marxe a alegrías ofensivas. Míriam estrelou o coiro no longueiro no 38, pero tivo que ser a pichichi do equipo, Belén, a que levantara o partido na segunda parte, cun gol de penalti e cun disparo ao borde da área.
GIJÓN FF: Vanesa, Aurora, Marina (Sandra, min 86), Estefanía, Lorena (Sara Calvente, min 75), Elisabeth, Zara, Sara (Gema, min 75), Paloma, Aída y Raquel
ATLÉTICO AROUSANA: Rocío, Carla, Arufe, Caro, Paula Dapena, Paula González, Bárbara, Zaira, Belén, Ari (Rai, min 85) y Míriam
Goles: 1-0, min 2: Paloma. 1-1, min 61: Belén, de penalti. 1-2, min 70: Belén.
Árbitro: Leonel Alejandro, do Colexio de Asturias, Auxiliado nas bandas por Alejandro Berros e Pablo Simón. Amonestou a xogadora visitante Vanesa.

Fuente: la voz de galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario